NOVAS DO CLUB (Xullo)

04/07/09 Damos comezo, por fín, este vindeiro luns a Escola de Verán do Club Baloncesto O Meco. A pesar de que o verán implica praia e non facer nada, moitos xogadores do Meco están desexando sentir de novo o balón entre as mans. Preparémonos logo para disfrutar e divertirnos nestes 2 meses. A cita será o luns as 10 para os infantís e cadetes e o martes as 12 para alevíns e benxamíns.

22/06/09   Bastante expectación está despertando a Escola de Verán que dará comezo o día 6 de xullo. Os adestramentos terán unha duración de 1:45 h. e nela podrán participar tódolos nenos do Grove, tendo preferencia os xogadores que xa pertencen ao Meco. A actividade será gratuita para os socios ou fillos de socios do club, e de 10 € mensuais para aqueles que non son socios. Como sabedes temos proxectado desenrolar a actividade en inglés, algo que tanto os rapaces como os pais agradecerán. 

O horario dos adestramentos será o seguinte:                  Cadete e Infantil (Nacidos nos anos 94, 95, 96, 97) os luns e xoves de 10 a 11:45. A cargo de Dani Prol.

Alevín e Benxamín (98, 99, 2000, 2001 e 2002) os martes e venres de 12 a 13:45. A cargo de Anxo Cornes.

As categorías cadete e infantíl poden tamén adestrar os martes e venres, algo que deben concertar co adestrador.

Hoxe pechámola porta do club por uns días, e fixémolo con unha festa de convivencia entre pais e fillos, partidos, xogos da chave, petanca e comida campestre na Siradella poñendo así o broche de ouro a esta tempada inolvidable para todos nos. Noticia todogrove

O pasado venres despedímola temporada de adestramentos deixando paso ao tempo de lecer, praia e relax. E para iso o noso club obsequiou aos xogadores mais novos con un balón e un libro donado pola Concellería de Cultura da Xunta de Galicia, que lles foi entregado por Raúl Salgado, o seu adestrador. Basket e lectura, boa mezcla.

Silvia Arnoso, xogadora alevín do Meco, cedeunos a foto que mostra o logro dunha das medallas de que ouro que acadou na olimpiada escolar galega. Parabens de novo, campioa.


FOTO OFICIAL TEMPADA 2008-2009

[click na foto para agrandar]

                                                  Foto: Todogrove.com